Blogue do site

Página: () 1 2 3 ()
Qualquer pessoa neste site
II%2BJJT.jpg

Programa%2BII%2BJJT.jpg

 
Qualquer pessoa neste site
TALLER%2BPORTAFOLIO%2BWEB-page-001.jpg

Obxectivo

Desexas compartir as túas ideas e mostrarlle ao mundo o que fas? Ven e infórmate sobre as posibilidades que os portafolios online poden ofrecer. Dende coñecer o seu potencial, ata saber a mellor maneira de promocionarte e as distintas plataformas que existen á túa disposición.

• A Fundación Galicia Europa, co apoio da D.X. de Xuventude e Voluntariado, a CEG, o IPDJ e a FNAJ E e coa colaboración do Concello de Tui, organiza este encontro ao abeiro do Proxecto EMPRENDE, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP.

• Enmarcado na actividade de FORMACIÓN PARA EMPRENDEDORES XUVENÍS, na acción de XORNADAS E PANEIS DE EXPERIENCIAS; basearase en exposicións e exercicios que servirán de estímulo e de emulación para os mozos dos nosos territorios; animarán aos emprendedores a levar a cabo os seus propios portafolios e autopromoción en Galicia-Norte

Tui, 23 de Outubro de 2014

A experiencia práctica destes anos de traballo no proxecto EMPRENDE marca este taller, que pretende fomentar a auto promoción, por medio de recursos dixitáis na rede, entre a mocidade de Galicia e do Norte de Portugal.

O día 23 de outubro de 2014 realizarase o taller A IMPORTANCIA DO PORTAFOLIO WEB COMO FERRAMENTA DE AUTOPROMOCIÓN, en Tui. O obxectivo do mesmo é mostrar as diferentes opcións que existen na rede para facer un portafolio web que axude a chegar a todo o mundo; facilitar a autopromoción, e polo tanto, o empredemento en Galicia e o Norte de Portugal.

Destinatarios e criterios de selección

O curso vai dirixido a mozas e mozos de 18 a 30 anos con espírito emprendedor e desempregados. Darase prioridade a orde de presentación da inscrición e preferencia aos mozos de zonas limítrofes. O taller gratuíto impartirase durante a mañá e a tarde do 23.

Número de plazas

Co fin de que a xornada sexa o máis áxil e útil posible limitarase a 20. Os interesados deberán inscribirse o máis tardar o 20 de outubro, indicando, a ser posible, a qué sector profesional pertencen. Se lles comunicará persoalmente a recepción da súa inscrición e a resolución definitiva. A asistencia será obrigatoria a toda a xornada e entregarase certificado de asistencia.

Metodoloxía

As sesións serán únicas, didácticas, a través da exposición do tema e de exercicios prácticos . Axudarase durante toda a xornada aos destinatarios naquelas dúbidas tecnolóxicas, empresariais e creativas que lles poidan xurdir.

Proxecto EMPRENDE

“Mozos Emprendedores da Eurorrexión”, nome completo desta iniciativa, busca facer deste territorio un espazo atractivo para o asentamento o desenvolvemento de nova actividade económica e empresarial por parte do novos.
Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português da Juventude, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.
O proxecto EMPRENDE adscríbese ao Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, dentro da área de cooperación Galicia-Norte de Portugal, e conta cun orzamento total de 727.313,26 euros, cun 75% a cargo de FEDER no marco do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013. Os seus obxectivos son a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e a convertan nun lugar atractivo para a actividade económica e os investimentos. 

Para obter máis información poderán chamar aos teléfonos: 981 95 70 88/ 981 54 10 10, en horario de 9:00 h. a 14:00 h, ou no e-mail. Para realizar as inscricións deberán dirixirse á páxina web www.fundaciongaliciaeuropa.eu, e no e-mail: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu



 
Qualquer pessoa neste site
cartelABRINDOFRONTEIRAS.jpg

FORO ABRINDO FRONTEIRAS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe-Aje Galicia)  organiza o foro de emprendemento transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal "Abrindo Fronteiras de Cambio".

O foro é unha actividade do proxecto EMPRENDE, financiado ao abeiro do Programa de Cooperación  Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP).


CONTEXTO


No actual contexto social e económico, o emprendemento está a ser unha fonte fundamental de xeración de emprego e riqueza. Nese punto, xorde a importancia da unión e o establecemento de sinerxías e colaboracións para levar adiante proxectos empresariais e profesionais que só se poden entender baixo a fórmula colaborativa.


En Galicia, unha comunidade, con gran iniciativa emprendedora, es importante aproveitar esta posibilidades e que mellor que facelo co país veciño, Portugal, un lugar co que compartimos unas raíces e una visión do mundo semellantes, tamén en canto a cultura empresarial.


Nese contexto el obxectivo coa proposta o Programa de Emprendemento es potenciar e dótalo de ferramentas e accións para desenvolver todo o potencial das iniciativas e dos proxectos emprendedores galegos e portugueses.


A filosofía desta actividade vai máis aló de constituir un foro de encontró empresarial. Quere establecer lazos fortes entre emprendedores de ambos os dous territorios e cubrir as necesidades, descubrir as oportunidades e establecer intercambio de coñecementos e de intelixencia.


Neste momento no que todo cambia e no que é máis necesario que nunca reiventarse quérese ofrecer un evento que sirva de pasarela, contacto e transferencia de coñecemento e no que emprendedores de Galicia e Portugal poidan desfrutar  dunha oportunidade de expansión, de crecemento, de intercambio ou simplemente de propostas e aprendizaxe sen fronteiras.


OBXECTIVO


Os obxectivos fundamentaisde “Abrindo fronteiras de cambio” serán:

  • Ser vehículo canalizador e de intercambio de ideas e proxectos
  • Un espacio de intercambio de sinerxías e coñecementos empresariais entre Galicia e Norte de Portugal
  • Poñer en contacto emprendedores con necesidades comúns en ambos os dous países
  • Dotar de ferramentas útiles aos asistentes para desenvolver proxectos emprendedores nos seus respectivos ámbitos e fóra deles.
  • Inversores e empresarios dispostos a asesorar, escoitar e analizar ideas emprendedoras ou empresas un pouco máis consolidadas
  • Poñer en valor  a mobilidade entre Galicia e Portugal con posibilidades de inversión ou financiación de proxectos en ambos países
  • Rondas de networking sectoriais onde aproveitar sinerxías e contactos útiles para cada uno dos axentes implicados no emprendemiento 


METODOLOXÍA

Para este evento se pretende usar unha metodoloxía mixta que permite o intercambio de coñecemento e de ideas pero tamén a exposición e cobertura de necesidades dos emprendedores presentes así como as posibilidades de contacto con inversores nos seus proxectos en Galicia e en Portugal.


Para acadar este fin se usará un método que combine encontros exprés entre inversores e emprendedores, mesas redondas onde se trate o emprendedurismo desde os dous lados da fronteira galego-portuguesa  e ponencias específicas onde se expoña a experiencia e as necesidades destes emprendedores.


O público obxectivo serán emprendedores de Galicia e do Norte de Portugal así como inversores e empresarios dispostos a escoitar estes proxectos e agrupados en redes de inversores de ambos os dous países. O perfil principal virá limitado polos proxectos presentados na plataforma Emprendemento Xuventude que abarcarán desde novas iniciativas ata empresas con 1 ou 2 anos de vida


PROGRAMA

agenda.png

O Foro terá lugar na cidade de Pontevedra o día 11 de xuño, no Hotel Galicia Palace. A inscrición é obrigatoria e gratuíta. Deberase enviar un correo á seguinte dirección: gerencia@fegaxe.com ou chamando ao teléfono 608 905 804.

 
Qualquer pessoa neste site

Emprendedores E Formación - Parte III

Empreendedores E Formação - Parte III

web+entrepreneurs.jpg


O mundo da blogosfera e a internet en xeral ofrecem unha gran diversidade de publicacións dirixidas a profesionais interesados en poñer en marcha unha idea de negocio. 

Hoxe traémosche máis cinco links para emprendedores:

---------------------------------------------------------------------------------------------
O mundo da blogosfera e a internet em geral oferecem uma grande diversidade de publicações dirigidas a profissionais interessados em pôr em prática ideias de negócio.

Assim, trazemos-te hoje mais cinco links para empreendedores:
 
Qualquer pessoa neste site

Emprendedores E Formación - Parte II

Empreendedores E Formação - Parte II

1.jpg

Estes links de hoxe serven para informar, formar, asesorar, apoiar e realizar seguimento a todos aqueles emprendedores que o desexen ou por forza maior necesíteno no camiño do emprendimiento cara ao éxito.

Visita:
 
Qualquer pessoa neste site
Emprendedores E Formación - Parte I

Empreendedores E Formação - Parte I

iempgroup2.jpg


A "formación de emprendedores" non é só ensinar a crear ou dirixir un negocio. Fundamentalmente, trátase de alentar o pensamento creativo, promover un sentido de realización persoal e desenvolver o hábito de realizar unha autoavaliación periódica do rendemento.

Para máis información sobre emprendedores e formación, visita:



---------------------------------------------------------------------------------------------

A "formação para empreendedores" não passa somente pela criação e direção de negócios.
Fundamentalmente, trata-se do estímulo ao pensamento criativo, promoção do sentimento de auto-realização e denvolvimento do hábito de realização de uma autoavaliação periódica de rendimentos.

Para mais informação sobre empreendedores e formação, visita:



 
Qualquer pessoa neste site

Como Crear Unha Empresa - Parte III

Como Criar Uma Empresa - Parte III

entrepreneur.jpg


Nestes links abaixo encontrarás información paso a paso sobre como planificar un negocio exitoso e satisfactorio con menos estres e máis confianza. 

Visita:

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nestes links abaixo poderás encontrar informação passo-a-passo sobre como planificar um negócio satisfatório e de sucesso com menos stress e mais confiança.

Visita:


 
Qualquer pessoa neste site

Como Crear Unha Empresa - Parte II

Como Criar Uma Empresa - Parte II

company.jpg


Como Crear Unha Empresa - Parte II pretende que todas aquelas persoas que teñan pensado crear un empresa, poidan ter unha visión dos pasos a dar e das obrigas legais a que haberán de facer fronte.

Visita:

Como Criar Uma Empresa - Parte II pretende que todos os aqueles que pensam tornar-se em empreendedors possam ter uma visão geral dos passos a dar e todas as obrigações legais que se prendem ao processo de criação de uma empresa.

Visita:
 
Qualquer pessoa neste site
Como Crear Unha Empresa - Parte I

Como Criar Uma Empresa - Parte I

company-formation.jpg

Crear unha empresa é unha grande oportunidade. Aquí nestes links abaixo podes encontrar información e servizos electrónicos para a creación de empresas: os requisitos legais, os servizos públicos que facilitan a súa creación e os trámites administrativos necesarios.

Visita:
http://europa.eu/youreurope/business/starting-business/setting-up/spain/index_es.htm
http://www.circe.es/Circe.Publico.Web/pub/Default.aspx
http://www.emprendelo.es/cs/SatelliteidPadre=1120203321064&c=Page&pagename=Emprendedores%2FEMPR_Comun%2FDivulgacion%2FEMPR_TramitesTemplate&cid=1120203321292

---------------------------------------------------------------------------------------------


Criar uma empresa é uma grande oportunidade. Aqui, nestes links abaixo, podes encontrar informações e serviços eletrónicos para a criação de empresas: os requisitos legais, os serviços públicos que facilitam a criação das mesmas e o formalidades administrativas necessárias.

Visita:
http://europa.eu/youreurope/business/starting-business/setting-up/spain/index_es.htm
http://www.circe.es/Circe.Publico.Web/pub/Default.aspx
http://www.emprendelo.es/cs/SatelliteidPadre=1120203321064&c=Page&pagename=Emprendedores%2FEMPR_Comun%2FDivulgacion%2FEMPR_TramitesTemplate&cid=1120203321292
 
Qualquer pessoa neste site

IGAPE – Formación de Emprendedores

IGAPE – Formação de Empreendedores

forma%C3%A7%C3%A3o_web.jpg

Sabias que o sitio web do IGAPE dispón dun Campus Virtual e información sobre actividades formativas para emprendedores?

Acede agora mesmo ao Campus Virtual en: 

http://www.igape.es/campus-virtual-bic-galicia.html 
Para información sobre seminarios e outras actividades formativas para emprendedores visita:

http://www.igape.es/servizos/3.html

---------------------------------------------------------------------------------------------

Sabias que página online do IGAPE dispõe de um Campus Virtual assim como informação acerca de actividades de formação para empreendedores?

Acede já ao Campus Virtual em:
http://www.igape.es/campus-virtual-bic-galicia.html 
Para obter informação sobre seminários e outras atividades de formação para empreendedores visita:
http://www.igape.es/servizos/3.html

 
Página: () 1 2 3 ()